Novidade | Wed Feb 07 11:30:00 CET 2018

Cambios importantes no acceso con certificado de persoa xurídica nesta sede

A nova sede electrónica da Xunta de Galicia incorpora o "Cartafol da persoa xurídica", accesible desde a sección "A miña sede" mediante un certificado de representante de persoa xurídica. Pode consultar máis información do cartafol facendo clic aquí.

Neste sentido, o tratamento dos certificados de representante de persoa xurídica, desde o día 2 de febreiro en diante, difire do establecido previamente.

Se accede á sección "A miña sede" e non atopa algún expediente ou presentación ou non pode realizar unha nova presentación electrónica, contacte por favor co soporte técnico eServizos para a súa revisión, indicando os datos relacionados dos que dispoña (procedemento, data de presentación, NIF do/a representante, NIF da persoa xurídica e expediente ou número de rexistro).

Rogamos desculpe as molestias que isto lles poida ocasionar.

Novidade