SEDE ELECTRÓNICA

Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesible o seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web da sede electrónica https://sede.xunta.gal tanto na súa parte pública como na súa área privada denominada "A miña sede".

Situación do cumprimento

Este sitio web aínda non é conforme co RD 1112/2018. A continuación achéganse os aspectos non conformes.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Existen varios problemas de nivel A, principalmente relativos aos requisitos números 9.1.1.1, 9.1.3.1, 9.1.4.1, 9.2.4.1, 9.2.4.4, 9.3.2.2, 9.3.3.2 e 9.4.1.1.
    • Existen varios problemas de nivel AA, principalmente relativos aos requisitos números 9.1.4.3, 9.1.4.5 e 9.1.4.11.
    • Nalgúns contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

A Xunta de Galicia achega as seguintes funcionalidades coa finalidade de mellorar e facilitar o acceso á súa información:

  • Algunhas páxinas ofrecen a posibilidade, a través do botón "Escoitar", de escoitar unha reprodución sonora do contido.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 22 de marzo de 2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 22 de marzo de 2019.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada en 22 de marzo de 2019.