Privacidade e protección de datos

A Xunta de Galicia solicitará ás persoas usuarias desta sede electrónica unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos electrónicos dispoñibles.

As persoas usuarias que accedan á parte persoal "A miña sede" quedan informadas da utilización e incorporación dos datos identificativos existentes no sistema de identificación e firma electrónica utilizado no ficheiro de datos de carácter persoal "Relacións administrativas coa cidadanía e entidades", cuxo responsable é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo en ningún caso os datos referidos obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada.

Adicionalmente, para poder acceder a algún dos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico as persoas interesadas deberán facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado. Estes datos incorporaranse aos correspondentes ficheiros informatizados da Xunta de Galicia.

En todo caso, o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través desta sede electrónica estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación. Aqueles datos que se recollan, serán tratados e almacenados co consentimento da persoa titular, que ten dereito a coñecer quen trata os seus datos, para que os usa e se se utilizan unicamente para o fin para o cal foron requiridos, ou se se ceden a terceiras persoas, para poder decidir libremente, a excepción dos supostos previstos legalmente, se consinte ou non o tratamento dos seus datos, así como para poder exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de modificar a presente política de privacidade, de aplicación exclusiva á sede electrónica.

Política de cookies

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza esta sede electrónica, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

  • Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización da sede electrónica por parte das persoas usuarias.
  • Cookies analíticas de terceiros: a sede electrónica usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias na web, co fin de mellorar os servizos ofrecidos. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.