Calendario e hora oficiais 2018

Data e hora oficiais

A sede electrónica da Xunta de Galicia réxese pola data e hora oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Á súa vez, o rexistro electrónico da Xunta de Galicia réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica.

A sincronización da data e a hora da sede realízase co Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA). Para calquera trámite que se realice desde esta sede, serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan as que teñan validez legal, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite. É necesario actualizalas cando se queira ter certeza da data e da hora nun momento dado.

Calendario de días inhábiles

Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.

Para o 2018, na Comunidade Autónoma de Galicia, son festas laborais as que figuran no artigo 1 do Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018 e na columna "Galicia" do anexo da Resolución do 9 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2018:

  • Aninovo: 1/1/2018
  • Día de Reis: 6/1/2018
  • Xoves Santo: 29/3/2018
  • Venres Santo: 30/3/2018
  • Festa do Traballo: 1/5/2018
  • Día das Letras Galegas: 17/5/2018
  • Día Nacional de Galicia: 25/7/2018
  • A Asunción: 15/8/2018
  • Día da Hispanidade: 12/10/2018
  • Todos os Santos: 1/11/2018
  • Día da Constitución: 6/12/2018
  • A Inmaculada: 8/12/2018
  • Nadal: 25/12/2018